Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 18 de agosto de 1995 Páx. 6.502

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (190/1994).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 190/1994 se dictou a sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995. Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 190/1994 no que actuaron como demandante Comercial Alonso Gándara, S.L., representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, e como demandado Manuel Castro Pallas, declarado rebelde nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 100.000 pesetas de principal, mailos xuros da dita suma ó tipo de xuro legal incrementado en dous puntos desde o vencemento das letras, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 80.000 pesetas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado».

Para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Manuel Castro Pallas, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, catorce de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

5574