Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 17 de agosto de 1995 Páx. 6.480

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (279/1993).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Dou fe que, no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 279/1993, dictouse a sentencia, que ten como encabezado e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, o vintenove de outubro de mil novecentos noventa e tres, Ángel Pantín Reigada, xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, vistos os presentes autos executivos, promovidos polo procurador García Piccoli Atanes, en nome e representación do Banco Central Hispanoamericano, contra Ángel Martín Otero, sobre reclamación de cantidade,

Decido que, debo mandar e mando segui-la execución adiante ata facer remate dos bens embargados, e os que no sucesivo poidan embargárselle á parte demandada Ángel Martín Otero, e co seu producto facer completo e enteiro pagamento á demandante da cantidade de 2.513.458 pesetas de capital, xuros e gastos, máis xuros moratorios pactados e custas, calculándose para xuros, custas e gastos 1.800.000 pesetas, sen prexuízo de ulterior liquidación. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivametne xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Firmado.

Rubricado».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Ángel Martín Otero, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dezanove de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-05592