Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 17 de agosto de 1995 Páx. 6.480

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (460/1994).

Amalia del Castillo de Comas, secretaria da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Ribeira, dou fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de proceso de familia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Na cidade de Rieira, seis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos os autos civís de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 460/1994, por instancia de José Ventura Suárez Gago, maior de idade, veciño desta cidade, con domicilio na rúa Outeiro, 49 de Artes, representado polo procurador Villar Trillo e baixo a dirección técnica da avogada Fachado Fuentes, contra María Alcántara Román, tamén maior de idade, non comparecida en autos e en situación procesual de rebeldía, sobre divorcio; sendo parte o Ministerio Fiscal, e pronuncio esta sentencia que baseo nos antecedentes de feito e fundamentos de dereito que seguen.

Decido que, con estimación da demanda rectora dos presentes autos, formulada polo procurador Villar Trillo, en nome e representación de José Ventura Suárez Gago, contra María Alcántara Román, debo declarar e declaro a disolución do matrimonio formado por un e outro cónxuxe por concorre-la causa de divorcio número 4 do artigo 86 do Código Civil, aporbándose, asemade, como medidas:

1. A disolución do réxime económico matrimonial.

2. A atribución da garda e custodia da filla á nai, quedando a patria potestade compartida por ámbolos proxenitores.

3. A atribución do réxime de visitas en favor do pai consiste en que poderá ter consigo a menor en fins de semana alternas, desde as 12 horas do sábado ata as 20 horas do domingo, así como a metade das vacacións escolares da menor en semana santa, nadal e verán.

4. A asignación de quince mil pesetas mensuais que o pai deberá aboar en concepto de alimentos da filla, cantidade que será actualizada anualmente segundo as variacións experimentadas polo índice xeral de prezos ó consumo, establecido polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

5. Non se fai expreso pronunciamento en custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ó Rexistro Civil de Cádiz para anotación do resolto na inscrición do matrimonio dos cónxuxes.

Pola rebeldía de María Alcántara Román, notifíqueselle a presente resolución no modo prevido no artigo 769 da Lei de axuizamento civil.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación en ámbolos dous efectos perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.»

A sentencia preinserta foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe na audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, María Alcántara Román, expido e asino a presente cédula en Ribeira o seis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

4744