Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 17 de agosto de 1995 Páx. 6.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1995 pola que se convoca concurso aberto número 16/1995 para o arrendamento pola modalidade de leasing de diverso material mobiliario e didáctico para institutos de formación profesional dependentes desta consellería.

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso aberto número 16/1995 para o arrendamento pola modalidade de leasing de diverso material mobiliario e didáctico para institutos de formación profesional dependentes desta consellería.

1. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación na forma que sinala a cláusula 6.5.8ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

2. Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos cómpre dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, Rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

3. Prazo de presentación de proposicións: comezará ó día seguinte da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado e rematará o 25 de setembro de 1995.

4. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de proposicións económicas: realizarase o día 29 de setembro a partir das 10 horas.

7. Prazo de execución: 1 mes contado desde a notificación da adxudicación.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Orzamento de licitación: 1.985.695.064 ptas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-5023