A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG do 3 de outubro, nº 191), convoca a seguinte contratación, para a adquisición de aparellos e dispositivos sanitarios polo procedemento aberto, mediante concurso público.
I.-Obxecto e orzamento: a adquisición de aparellos e dispositivos, por un orzamento de vintedous millóns, cen mil pesetas (22.100.000 ptas.), imposto valor engadido, incluído.
II.-Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de corenta días contados a partir da data de formalización do contrato.
III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministración e Concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n, C.P. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono (986) 80 00 17, e fax (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.
IV.-Fianzas: o dous por cento do orzamento da licitación, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
V.-Clasificación: non se esixe.
VI.-Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa queo represente, no rexistro xeral do Hospital Montecelo,antes das catorce horas do vixésimo sexto día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
VII.-Apertura de proposicións: a apertura admitidas realizaraa a Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo cuarto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
VIII.-Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Pontevedra, 9 de xullo de 1995.
Rafael Pérez-Santamarina Feijoo
Director xerente do Hospital Montecelo
5381