Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1995, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público aberto para a subministración de equipos portátiles de radio Trunking para a rede oficial de comunicacións da Xunta de Galicia.

A Xerencia de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde en Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público polo procedemento aberto e con carácter de urxencia para a subministración de cincuenta equipos portátiles de radio Trunking para a rede oficial de comunicacións da Xunta de Galicia.

Orzamento: 7.500.000 ptas. (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso público aberto urxente.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entregaranse no prazo de 15 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos interesados na sede da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na rúa Avda. de Zamora, 13-3ª planta, tódolos días laborais, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

Fianza provisional: os concursantes deberán acreditar na forma que se estalece no prego de cláusulas unha fianza provisional polo importe de 300.000 ptas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da xerencia, antes das 14 horas do décimo cuarto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposicióndo envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 64 51, ou telegrama no mesmo día; de recibirse a oferta pasados 5 días da data de finalización do prazo de presentación, esta non será aceptada.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria (Avda. Zamora, 13-3ª planta, de Ourense), a partir das 10 horas do sexto día natural contado desde o seguinte a aquel

en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación a aportar: serán os documentos que figuran na clausula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 14 de xullo de 1995.

Rosendo L. Fernández Fernández

Director xerente de Atención Primaria

5467