Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Inspectores de Educación de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos no mesmo, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación de Inspectores de Educación de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: inspectores de educación que exerzan na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Emilio Cubeiro Pereira e varias persoas máis.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5380