Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación de Asociaciones Empresariales de Comercio de Muebles de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Federación de Asociaciones Empresariales de Comercio de Muebles de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer as asociacións provinciais de empresarios de comercio de mobles que o soliciten.

Asinan a acta de constitución: Miguel Agromayor Vázquez e varias persoas máis.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

95-5152