Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Empresarial de Centros Socio-Sanitarios Católicos da Comunidade de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Empresarial de Centros Socio-Sanitarios Católicos da Comunidade de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á asociación os empresarios de centros socio sanitarios católicos que desenvolvan a súa actividade sen ánimo de lucro.

Asinan a acta de constitución: Virginia Salgado Sotelo e varias persoas máis.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

95-5150