Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 65-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Características técnicas: modificación de liñas eléctricas que alimentan os CC.TT. de Piñeirón (Expte. 51486) e de Penateixa (Expte. 51962), consistente en:

-Novos trazos de liñas eléctricas aéreas de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, conductores LA-56 de 346 m e 307 m de lonxitude, respectivamente, a Piñeirón e Penateixa.

-Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, con orixe na liña Vilanova-César (Expte. 3512), de 790 m de lonxitude para subministro eléctrico a urbanización Porto Avieira.

-Centro de transformación, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 20/0'380-0'220 en Porto Avieira. Oroso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-05521