Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 67-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. tipo edificio en Galán.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 460 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 12/20 kV de 150 mm de Al, que parte da L.M.T. Grela-Moucho-Vilarrodis (Expte. 27537) e remata no C.T. interior a construír en Galán de 630 kVA a 15/20 kV. B2. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4687