Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 66-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. «Motel Jardín».

Situación: Iñas-Oleiros.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 370 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 95 de 15/25 kV que parte da L.M.T. denominada Iñas-Campamento (Expte. 27217) e remata no C.T. a construír de 160 kVA en Hotel Jardín-Iñas. Concello de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4688