Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1995 pola que se anuncian, polo sistema de procedemento aberto por concurso, a redacción do proxecto, declarado de urxencia, de Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra e tres máis.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto a redacción dos proxectos:

1.-Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra.

-Orzamento de licitación: 21.523.110.- Ptas. (vinteún millóns cincocentas vintetrés mil cento dez pesetas).

-Clasificación requirida: grupo B, subgrupo 3, categoría B.

2.-Facultade de Dereito e Empresariais de Ourense.

-Orzamento de licitación: 18.130.000 ptas. (dezaoito millóns cento trinta mil pesetas).

-Clasificación requirida: grupo B, subgrupo 3, categoría B.

-Clasificación requirida: grupo B, subgrupo 3, categoría B.

3.-3ª fase edificio de Económicas (Dereito Económico) de Vigo.

-Orzamento de licitación: 11.121.600 ptas. (once millóns cento vinteunha mil seiscentas pesetas).

-Clasificación requirida: grupo B, subgrupo 3, categoría A.

4.-Laboratorio de Enxeñería Civil de Galicia na Coruña.

-Orzamento de licitación: 9.125.284 ptas. (nove millóns cento vintecinco mil duascentas oitenta e catro pesetas).

-Clasificación requirida: grupo B, subgrupo 3, categoría A.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de cláusulas técnicas estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións.- Comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o día 29 de agosto de 1995.

Lugar de presentación de proposicións.- No rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 4.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores.- A especificada nas cláusulas 4.2 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación.-A Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións.-Realizaraa a Mesa de Contratación ás 10 horas do día 6 de setembro de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-4689