Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Vilagarcía de Arousa e Pontecesures, con anexos, por substitución da concesión V-2646, XG-279.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no DOG nº 116, do 19 de xuño de 1995, é necesario efectua-las oportunas correccións.

Na páxina 4.620, na columna da esquerda, na liña 17, onde di: «... Vilagarcía de Arousa e Padrón», debe dicir: «... Vilagarcía de Arousa e Pontecesures».

Na páxina 4.620, na columna da esquerda, na liña 27, onde di: «... Dimo, Dimno e Coaxe», debe decir: «... Dimo e Coaxe».

Na páxina 4.620, na columna da dereita, na liña 11, onde di: «Unha expedición de ida e volta...», debe dicir: «... Unha expedición de ida e dúas de volta».

Na páxina 4.620, na columna da dereita, na liña 20, onde di: «Dúas expedicións de ida e volta...», debe dicir: «Dúas expedicións de ida e tres de volta...».

Na páxina 4.620, na columna da dereita, despois da liña 25: «... festivos.» hai que intercalar unha liña que debe dicir: «Pedroso-Vilagarcía de Arousa».

95-5554