Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.417

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (501/1994).

Eu, Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuízo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fago público que por virtude do acordado no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, que co número 501 de 1994 se tramita perante este xulgado por instancia da entidade mercantil Banco Pastor S.A. contra José López Framil, Mercedes Puga Ares, Marcelino López Framil, María Elsa Fieiro Prol e a entidade Ataúdes Marcelino López S.L., con domicilio en Bugallido, concello de Ames, sobre reclamación de cantidade por préstamo hipotecario, sácase a pública poxa, por primeira, segunda e terceira vez se é o caso, e por termo de vinte días, o predio obxecto de hipoteca que se

describirá, baixo as seguintes advertencias e condicións:

1. Lugar: Sala Audiencia deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza.

2. Horas e días: sinálase ás 12 horas, para tódalas poxas, e os días 26 de setembro, 23 de outubro e 21 de novembro próximos.

3. Tipo: o tipo da primeira poxa fíxase en 16.840.020 pesetas, establecido na escritura de hipoteca; o da segunda o 75% do anterior; non se admitirán ofertas que non cubran estes tipos; e a terceira será sen suxeición a tipo.

4. Consignacións: os licitadores consignarán na conta de depósitos deste xulgado, aberta co número 1583 na oficina principal do Banco Bilbao-Vizcaya desta praza, unha cantidade igual polo menos ó 20% do tipo da primeira poxa, e para a segunda e terceira. Desde o anuncio ata a celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego cerrrado, xuntando os resgardos de ingreso da consignación mencionada. Pode facerse o remate coa condición de cedelo a un terceiro.

5. Os autos e certificación rexistral están ó dispor do público en secretaría, e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos; e as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito da demandante, continuarán subsistentes e sen cancelar, e enténdese que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

6. O presente edicto serve de notificación ós debedores dos sinalamentos do lugar, día e hora para o remate.

Predio obxecto de hipoteca e poxa: na parroquia de Bugallido, concello de Ames, terreo de mil trescentos metros cadrados, que estrema ó norte, con máis de Marina Framil Rey e outra, pista de acceso propia deste predio no medio; sur, camiño peonil; leste, casas de Marina Framil Rey e de Marcelino López Framil; e oeste, con camiño público e terreo de María Rey Ameneiro.

Sobre o dito terreo hai edificadas tres naves, unha de nova construcción ó oeste do predio, de douscentos cincuenta metros cadrados, cun local anexo de corenta metros cadrados, cunha parte alta; digo, outra unida a esta polo leste de douscentos noventa metros cadrados, cunha parte alta de corenta metros cadrados e unha terceira, ó leste das anteriores, da superficie de douscentos trinta e cinco metros cadrados, cunha parte alta de corenta metros cadrados.

Polo vento norte ten un terreo dedicado a pista de acceso con saída polo vento leste á pista, en parte sobre o terreo do predio e cunha pista que ten un largo de cinco metros por cincuenta de longo, e logo o acceso cara á pista sobre o terreo de María Framil Rey.

Inscrición: tomo 757, libro 189, folio 70, predio 18.569, no Rexistro da Propiedade de Negreira.

Dado en Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1995.

O secretario

Rubricado

95-05263