En cumprimento do acordado pola xuíza de primeira instancia e instrucción número un de Ribeira, Eva María Doval Lorente, no xuízo verbal de faltas 34/1995, que se segue neste xulgado por resistencia a axentes da autoridade, cítase en legal forma a Antonio Rial Ouviña, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 13 de setembro de 1995 ás 12.30 horas compareza perante a sala de audiencias deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndolle que de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que intente valerse.
E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG, expido e asino a presente cédula en Ribeira o cinco de xullo de mil novecentos noventa e cinco.
O secretario
Rubricado
95-4608