Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública, por solicitude da empresa Electra del Viesgo, S.A., a relación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se citan. (Expediente número 4260 A.T.).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, por instancia da empresa Electra del Viesgo, S.A., con domicilio en Santander, r/ Medio nº 12, a solicitude de

declaración da necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre os bens e dereitos que se afectan, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. A seguir transcríbese a relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable para a execución da instalación seguinte:

-Derivación a Foz a 132 kV de la línea Arbón-Mondoñedo (concellos de Barreiros e Foz) autorizada e declarada de utilidade pública por resolución desta delegación provincial do 30 de maio de 1995.

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, e os interesados, no mesmo prazo, contado a partir do día seguinte ó da notificación individual que se lles efectuará, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixiren posibles erros na relación indicada, así como formularen as alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para o cal quedarán expostos os expedientes, cos planos de situación e os parcelarios das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán reclamar por medio desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 2 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Liña eléctrica aérea a 132 kV derivación a Foz da liña Arbón-Mondoñedo

Provincia de Lugo

Relación de predios a expropiar

-Termo municipal de Barrreiros.

Predio nº: 12.

Propietario: Hrdos. Pilar Miranda Maseda.

Domicilio: Ibia, s/n, San Xusto, Barreiros (Lugo).

Termo municipal: Barreiros.

Lugar: Ibia, San Xusto de Cabarcos.

Paraxe: Cortiña de Abaixo.

Datos catastrais: polígono 7, parcela 10. Titular: Pilar Miranda Maseda.

Cultivo: pasto e mato.

Afectación: superficie m por apoio nº. Voo: 120 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 2.400 m.

Predio nº: 115.

Propietario: Hrdos. Adela López Ferrería.

Domicilio: Espiñeira, s/n, Vilaronte, Foz (Lugo).

Termo municipal: Barreiros.

Lugar: Celeiro.

Paraxe: Campo de San Sebastián.

Datos catastrais: polígono 2, parcela 65. Titular: Adela López Ferrería.

Cultivo: prado.

Afectación: superficie m por apoio nº. Voo: 53 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 1.060 m.

-Termo municipal de Foz.

Predio nº: 1.

Propietario: Delegación de Facenda, Lugo.

Domicilio: r/ Da Raíña, nº 3, Lugo.

Termo municipal: Foz.

Lugar: Barral, Barreiros.

Paraxe: Cal.

Datos catastrais: polígono 1, parcela 15. Titular: María Alonso Cigarrán.

Cultivo: prado.

Afectación: superficie m por apoio nº. Voo: 27 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 540 m.

Predio nº: 10.

Propietario: Instituto Nacional de Previsión, Lugo.

Domicilio: Praza de Ferrol, Lugo.

Termo municipal: Foz.

Lugar: Loureiro, Espiñeira.

Paraxe: Foro.

Datos catastrais: polígono 1, parcela 44. Titular: Damián López Ferrería.

Cultivo: prado.

Afectación: superficie 3,7 m por apoio nº 28. Voo: 73 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 1.460 m.

Predio nº: 31.

Propietario: Instituto Nacional de Previsión, Lugo.

Domicilio: Praza de Ferrol, Lugo.

Termo municipal: Foz.

Lugar: Espiñeira.

Paraxe: Pateira.

Datos catastrais: polígono 2, parcela 246. Titular: Damián López Ferrería.

Cultivo: prado.

Afectación: superficie m por apoio nº. Voo: 40 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 800 m.

Predio nº: 32.

Propietario: María Jesús García López.

Domicilio: r/ Real, nº 3, A Coruña.

Termo municipal: Foz.

Lugar: Espiñeira.

Paraxe: Pateira.

Datos catastrais: polígono 2, parcela 244. Titular: Julia Cillero Eijo.

Cultivo: prado.

Afectación: superficie m por apoio nº. Voo: 11 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 220 m.

Predio nº: 43.

Propietario: Manuel Couto Castro.

Domicilio: r/ Vigo, nº 1, Vilaronte, Foz (Lugo).

Termo municipal: Foz.

Lugar: Espiñeira, Vilaronte.

Paraxe: Salgueiros.

Datos catastrais: polígono 2, parcela 140. Titular: Ramón Couto Castro e irmáns.

Cultivo: prado.

Afectación: superficie m por apoio nº. Voo: 24 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 480 m.

Predio nº: 45.

Propietario: Hrdos. Damián López Ferrería.

Domicilio: Espiñeira, s/n, Foz (Lugo).

Termo municipal: Foz.

Lugar: Espiñeira.

Paraxe: As Charelas.

Datos catastrais: polígono 2, parcela 134 EX. Titular: Hrdos. Damián López Ferrería.

Cultivo: mato e eucaliptos.

Afectación: superficie 22,75 m por apoio nº 34. Voo: 36 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 720 m.

Predio nº: 53.

Propietario: Baldomero Amieiro Martínez.

Domicilio: Estrada da Praia, nº 4, Barreiros (Lugo).

Termo municipal: Foz.

Lugar: A Espiñeira, Vilaronte.

Paraxe: Veiga das Sagras.

Datos catastrais: polígono 4, parcela 55. Titular: Pilar López García.

Cultivo: prado.

Afectación: superficie m por apoio nº. Voo: 31 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 620 m.

Predio nº: 61.

Propietario: Antonio Luaces López.

Domicilio: Mañente, nº 19, Foz (Lugo).

Termo municipal: Foz.

Lugar: Mañente.

Paraxe: Ferragude.

Datos catastrais: polígono 4, parcela 205. Titular: Antonio Luaces López.

Cultivo: prado.

Afectación: superficie m por apoio nº. Voo: 9 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 180 m.

Predio nº: 62.

Propietario: Celsa López Moreda.

Domicilio: Hermanos Felgueroso, nº 9-4º Izda., Xixón (Asturias).

Termo municipal: Foz.

Lugar: Mañente, Vilaronte.

Paraxe: Ferragude.

Datos catastrais: polígono 4, parcela 204. Titular: Celsa López Moreda.

Cultivo: prado.

Afectación: superficie m por apoio nº. Voo: 12 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 240 m.

Predio nº: 64.

Propietario: Hrdos. Benjamín Rey Lorenzo.

Domicilio: Avda. da Mariña, nº 36-1º D., Foz (Lugo).

Termo municipal: Foz.

Lugar: Mañente, Vilaronte.

Paraxe: Ferragude.

Datos catastrais: polígono 4, parcela 202. Titular: Modesto García García.

Cultivo: prado.

Afectación: superficie m por apoio nº. Voo: 29 m lineais. Superficie á que estende a servidume: 580 m.

95-05117