Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7020; XG-394, entre Melide e Vila de Cruces, con anexos (provincia da Coruña).

José María Gómez Taboada, titular da concesión do servicio público regular de transporte de viaxeiros por estrada V-7020; XG-394, entre Melide e Vila de Cruces, con anexos, constituiu unha sociedade de resonsabilidade limitada denominada Autobuses de Melide, S.L. e, en representación dela e ó seu favor, solicitou o cambio de titularidade da citada concesión.

Esta dirección xeral resolveu autoriza-lo dito cambio de titularidade quedando subrogado o novo conce

sionario nos dereitos e obrigas do cedente fronte á Administración.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

9505077