Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a do secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 7 de abril de 1995, de adxudicación da concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses da Estrada (Pontevedra).

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, de acordo cos reais decretos 212/1979 e 3548/1983 e co Decreto 58/1984, sobre asunción de transferencias en materia de transportes, con data 7 de abril de 1995, resolveu adxudicar a Arturo Manuel Blanco Lea a concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses da Estrada (Pontevedra).

O que en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, se notifica, advírtese que esta resolución en canto pon fin á vía administrativa, e susceptible de recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1995.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14-12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

5072