Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular de transporte de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: F-2839; XG-312, de Cee a varios (provincia da Coruña).

Bernardino Soto Domínguez, titular da concesión do servicio público regular de transporte de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: F-2829; XG-312, de Cee a varios, e Vicente López-Perea Lloveres, en representación da empresa Transportes Finisterre, S.A., solicitaron conxuntamente o cambio de titularidade da citada concesión a favor de Transportes Finisterre, S.A.

Esta dirección xeral resolveu autoriza-lo dito cambio de titularidade quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas do cedente fronte á Administración.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

5000