Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó amparo do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeralde transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:

V-01532; XG-007, entre Balcaide e Santiago de Compostela, con anexos (titular: Hedegasa, S.L.)

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las observacións que estimen oportunas no prazo

de un mes, contado a partir do día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

5001