Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Vilagarcía de Arousa, Carril, Guillán, A Torre, Igrexa de Cea, Igrexa de Cornazo, András, Vilaxoán e urbanización O Rial, por substitución da concesión V-3182; XG-355.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no DOG nº 110, do 9 de xuño de 1995, é necesario efectua-las oportunas correccións.

Na páxina 4.331, na columna da dereita, na liña 14, onde di: «... A Cruz e Igrexa de Comazo.», debe dicir: «... A Cruz e Igrexa de Cornazo.»

Na páxina 4.331, na columna da dereita, na liña 20, onde di: «... urbanización O Rial-Rosales, ...»., debe dicir: «... urbanización «Rial-Rosales», ...».

4753