Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.362

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de xullo de 1995 pola que se resolve a convocatoria de bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña.

Por Orde do 23 de xaneiro de 1995 (DOG do 17 de marzo) convocáronse bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación do 21 de xuño de 1995 (DOG do 7 de xullo), e de conformidade coa base sexta 4, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas. No apartado segundo da devandita resolución fixábase un prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo e estudiadas as reclamacións presentadas, esta consellería de acordo coa proposta de resolución elaborada pola comisión de selección das bolsas de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Acórdase concederlles unha bolsa de especialización de titulados superiores no campo da investigación mariña ás persoas que a continuación se relacionan. Os beneficiarios aparecen ordenados por orde decrecente segundo a puntuación acadada:

ApelidosNomeDNIPtos.

Moroño MariñoÁngeles35.455.1923,38
Lastres CoutoMiguel Ángel35.308.560-H3,37
Longa PortabalesMª Ángeles36.083.326-Y3,26

Artigo 2º.-Os bolseiros deberán formaliza-la súa adscrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de non facelo perderán a bolsa e procederase a cubri-las vacantes cos suplentes nomedados pola Comisión de Selección.

Artigo 3º.-A inobservacia por parte dos beneficiarios de calquera das bolsas establecidas na orde da convocatoria do 23 de xaneiro de 1995 suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 4º.-A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c/ da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1995.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

9505393