Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.363

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 28 de xullo de 1995, da Comisión Permanente de Selección de Persoal, para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, polo que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal dos postos correspondentes ó persoal laboral das categorías 14 e 65 do grupo III e 5 do grupo IV, de conformidade co contido do apartado terceiro do acordo do 9 de xuño da dita comisión.

Publicado acordo do 9 de xuño (DOG número 111, do 12 de xuño), relativo á publicación das listas para a cobertura de postos de traballo correspondentes a persoal laboral das categorías 14 e 65 do grupo III e 5 do grupo IV, respectivamente, e unha vez finalizado o prazo previsto no apartado terceiro do citado acordo, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas, esta comisión,

ACORDA:

Primeiro.-Proceder á emenda dos erros materiais constatados nas listas correspondentes ás categorías 14 e 65 do grupo III e 5 do grupo IV.

Segundo.-Facer públicas, unha vez emendados os ditos erros, as listas correspondentes ás categorías a que se refire o apartado anterior, na forma que a continuación se indica:

-Grupo III.

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

-Grupo IV.

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias da Consellería da Presidencia e Administración Pública:

-Dirección Xeral da Función Pública.

-Servicio de Informacióin e Atención ó Cidadán.

-Delegacións provinciais da consellería.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Contra o presente acordo poderán os interesados interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo de un mes a partir da publicación deste acordo.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1995.

Juan José Álvarez Pérez

Presidente da Comisión Permanente de Selección de Persoal

95-5273