Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 09 de agosto de 1995 Páx. 6.331

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba o proxecto de execución e se autoriza a Enagás, S.A. a instalación do ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo.

Vistos o escrito e documentación presentados ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio en Lugo por Enagás, S.A., con domicilio a efectos de notificacións na Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid con data 9 de febreiro de 1995, pola que se solicita autorización de instalacións para a construcción do proxecto ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo, de conformidade co disposto no Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, e para os efectos previstos na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos.

Resultando que, por orde da Consellería de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 se outorgou a Enagás, S.A. concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais en diversos termos municipais da provincia de Lugo.

Resultando que, por resolución desta Dirección Xeral de Industria do 28 de marzo de 1995 se someteu a información pública o referido proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, publicada no

Diario Oficial de Galicia do 8 de xuño de 1995, no BOP de Lugo do 21 de abril de 1995, no diario La Voz de Galicia do 25 de abril de 1995 e, en resumo, no Boletín Oficial do Estado do 26 de maio de 1995 e exposto, igualmente, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Vilalba, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Lugo.

Resultando que, con data do 29 de marzo de 1995, esta Dirección Xeral de Industria remitiu ós distintos organismos afectados pola construcción do referido proxecto as separatas técnicas correspondentes, co fin de que emitisen o preceptivo informe, significándolles que, de non recibir resposta no prazo de trinta días a contar desde a recepción entenderase emitido en sentido favorable.

Resultando que, se presentaron un total de dezaseis alegacións referidas nuns casos a modificacións puntuais do trazado e noutros a cambios de titularidade ou natureza dos predios afectados.

Resultando que, con data do 5 e 19 de xullo de 1995 Enagás, S.A contesta as alegacións sinalando que se rectifica a relación de bens e dereitos afectados en canto á titularidade do predio LU-LU-311 solicitada por Carmen Sánchez Martínez e Carmen Martínez Luances; que no momento de proceder ó replanteo da canalización sobre o terreo verificarase a viabilidade das modificacións puntuais solicitadas sobre os predios afectados; que durante o levantamento da acta previa á ocupación se verificará a natureza dos afectados, procedendo, se é o caso, as correccións propostas e informando favorablemente as modificacións puntuais do trazado nos predios identificados nos planos parcelarios como LU-LU-237 de Pilar Cerceda Traseira e LU-LU-251, de José Luis Fernández Feito.

Resultando que, con data do 5 de xullo Enagás, S.A. informa que procederá a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados ou, se é o caso, pendentes de realizar.

Resultando que as características das instalacións a realizar son, en síntese, as seguintes:

-Lonxitude da rede: 58.189 ml

-A conducción será de aceiro ó carbono, cumprindo a especificación API-5L-GrB, con diámetros de 8'', 6'', 4'' e 2, e espesores de 4,5 mm, 4 mm, 3,6 mm e 3,6 mm respectivamente, en función das condicións da explotación, dotada de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica.

-A presión de deseño é de 16 bar.

-O caudal a transportar para os consumos previstos ascende a 9.030 m3(N)/h.

-Que consta das correspondentes válvulas de seccionamento, válvulas de acometida e acometida eléctrica en baixa tensión para a estación de protección catódica da rede.

-Orzamento das obras 1.601.279.965. ptas.

Vistos a Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, o Decreto 2913/1973, do 26 de outubro polo que se aproba o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, o Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, o Real decreto 2135/1980, do 26 de setembro, sobre liberalización industrial, a orde da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 1993, a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Considerando que o proxecto cumpre as medidas de seguridade establecidas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aprobados pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificada por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

Considerando que, Enagás, S.A. informou favorablemente as modificacións puntuais do trazado nos predios identificados nos planos parcelarios como LU-LU-237 de Pilar Cerceda Traseira e LU-LU-251, de José Luis Fernández Feito.

Considerando que, a autorización administrativa e aprobación do presente proxecto é competencia da Xunta de Galicia, conforme dispón o Real decreto 2563/1982, do 14 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa á Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Outorgar a Enagás, S.A. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que se recollen no proxecto ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo conforme as seguintes condicións:

Primeira.-As instalacións deberanse realizar conforme ás especificacións e planos do proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Guillermo Larrea Quintana, visado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia con data do 2 de xuño de 1993, coa modificación puntual do trazado no predio LU-LU-237 de Pilar Cerceda Traseira a fin de non afecta-los carballos de máis de 100 anos existentes e no eido LU-LU-251, de José Luis Fernández Feito mediante a alternativa 2ª que propón o alegante.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten ós datos básicos do proxecto será necesario a autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio en Lugo poderá autoriza-las

modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, así como as instruccións técnicas complementarias ITC-MIG 5.2. «Canalizacións de transporte e distribución de gas en alta presión A» e ITC-MIG 6.1. «Acometidas de gas en alta presión», aprobadas pola Orde do 26 de outubro de 1983 e modificadas pola do 6 de xullo de 1984, normas UNE e demais normativa e directrices vixentes.

Cuarta.-Os materiais e instalacións eléctricas deberán cumpri-lo disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, así como a norma UNE 20.322-86:Clasificación de emprazamentos con risco de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables. O emprazamento de canalizacións deberá realizarse segundo o establecido na norma UNE 60-302. As zonas de seguridade e coeficientes de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305, debendo así mesmo establecerse dispositivos que limiten a presión nas canalizacións ós valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de vintecatro meses a contar da ocupación física dos predios afectados.

Sexta.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio en Lugo deberá realizar durante as obras e unha vez terminadas estas, as comprobacións e probas que considere necesarias en relación co cumprimento das condicións xerais e específicas establecidas.

Sétima.-O peticionario manterá informada á Delegación Provincial de Industria e Comercio en Lugo de calquera incidencia que se poida producir durante a execución das obras e tamén das datas e fases previstas para a realización de probas e controles regulamentarios, todo isto con antelación suficiente, acreditando posteriormente ante a citada delegación provincial que os ensaios e probas previstas se realizaron con resultado satisfactorio.

Á remata-las obras remitirase á devandita delegación provincial o certificado final de obra asinado por técnico competente que acredite que as instalacións se axusten ó proxecto aprobado e/ou, se é o caso, ás modificacións autorizadas xuntando as actas, probas e controles regulamentarios. A delegación provincial, previo informe do técnico designado pola dita delegación estenderá, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Oitava.-Os cruzamentos especiais e outras afeccións a bens de dominio público realizaranse de confor

midade cos condicionados técnicos impostos polos organismos afectados.

Novena.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Décima.-Para a seguridade das instalacións a que se refiere a presente autorización establecense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

Un.-Expropiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se construirán as instalacións fixas en superficie.

Dous.-Para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de dous metros de largo, por onde discurrirá soterrada a canalización ou canalizacións que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita, por razóns de seguridade, ás seguintes limitacións do dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos, a unha distancia inferior a dous metros a contar desde o eixo da canalización.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderase reducir sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres.-Para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de un metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita á prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a

cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e para realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de terreo de tres metros de largo (1,5 metros a cada lado do eixe das instalacións), así como o dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbera a unha distancia inferior á indicada.

B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada eido nos planos parcelarios de expropiación e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións ou operacións precisas para os ditos fins.

Catro.-Para as liñas eléctricas:

A) Servidume de paso de liña eléctrica aérea nunha franxa de terreo de dous metros de largo ó longo dela, que implicará:

1. Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar algún acto que poida dana-lo bo funcionamento da liña nunha franxa de cinco metros de largo, contando como centro da franxa a liña de postes do tendido.

2. Prohibición de plantar árbores de gran porte nunha franxa de dous metros de largo.

3. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios para realiza-las obras necesarias.

Undécima.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións en que se encontran as canalizacións, debendo manter unha central de avisos atendida permanentemente e dispor dun plan de emerxencia escrito que describa a organización e actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de emerxencia. Así mesmo deberá facilitar ós servicios de bombeiros, concellos afectados e organismos con competencias na materia de protección civil, copias dos planos de situación das canalizacións e características destas. Esta documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operadora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Duodécima.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia de outros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Décimo terceira.-A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas sinaladas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación

de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo de un mes a contar desde a súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

5284