Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 09 de agosto de 1995 Páx. 6.334

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1995, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data en que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios, que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo), e artigo 17.e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27),

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas indicadas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que han de ser elixidos por este procedemento para o día 14 de setembro de 1995 ás dez horas, e realizaranse estes polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 25 de xuño de 1985, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebrararnse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Foran designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 9 de setembro, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento á que corresponda a praza, haberá que aterse ó previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 18 de xullo de 1995.

Francisco Michavila

Secretario xeral do Consello de Universidades

Sr. Vicesecretario xeral do

Consello de Universidades

ANEXO

Concursos convocados por Resolución de 6-3-1995 (BOE do 28).

Concurso nº 1300. Nº sorteo: 28.543.

Corpo: profesores titulares de escolas universitarias.

Área de coñecemento: bioloxía animal.

Presidente titular: Tito Antonio Varela López.

Vocal secretario titular: Miguel Ángel López Peña.

Concurso nº 1301. Nº sorteo: 28.544.

Corpo: profesores titulares de escolas universitarias.

Área de coñecemento: enxeñería agroforestal.

Presidente titular: Francisco Maseda Eimil.

Vocal secretario titular: Desidero Novoa Piñeiro.

95-5346