Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 08 de agosto de 1995 Páx.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Empresas Reunidas, S.A. de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Empresas Reunidas, S.A. (código nº 3200172), de Ourense para o ano 1995, que tivo entrada nesta delegación provincial da consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 1 de xuño do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polos delegados da mesma, en xuntanza celebrada o día 2 de maio de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro de rexistro desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 8 de xuño de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de empresa para as axencias distribuidoras de gas butano e propano de Empresas Reunidas, S.A. Ourense

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación para a empresa que ten como domicilio social Ourense, Avda. de Santiago, 13-15, Outariz (Ourense), O Carballiño e Maceda e como nome comercial Empresas Reunidas, S.A.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Queda comprendido neste convenio todo o persoal relacionado coa actividade de distribución de gas butano e propano, salvo que exerza funcións de alta dirección ou alto consello.

Artigo 3º.-Duración, prórroga, denuncia e revisión.

A duración do presente convenio será de dous anos, prorrogándose de ano en ano, se non é denunciado con tres meses de anticipación ó final da súa vixencia, debéndose facer coa comunicación a que fai referencia o artigo 89 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Vixencia.

O presene convenio entrará en vigor para os efectos económicos o 1 de xaneiro de 1995 e terá unha vixencia do 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1996, debéndose revisa-los salarios a partir do 31 de decembro de 1995, os cales serán os que rexerán para 1996, de acordo co establecido no presente convenio.

Artigo 5º.-Garantía ad personam.

As cantidades superiores pactadas a título persoal ou calquera outra mellora que teña establecida a empresa no momento da sinatura do presente convenio serán respectadas na súa totalidade.

Artigo 6º.-Compensación e absorción.

As melloras do presente convenio poderán ser compensadas e absorbidas por calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal en cómputo anual, salvo que expresamente se pacte o contrario, todo isto de confomidade co disposto na orde ministerial do 22 de novembro de 1973 no seu artigo 10, apartado 2, que desenvolve o Decreto 2380/1973 sobre ordenación de salario.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada de traballo para todo o persoal de 40 horas semanais para os anos 1995 e 1996.

Artigo 8º.-Vacacións.

Establécese un período de vacacións de 30 días naturais. As vacacións desfrutaranse preferentemente nos meses de maio a outubro, ambos inclusive.

Incluirase no salario correspondente ás vacacións o plus de transporte establecido no presente convenio.

Artigo 9º.-Retribucións.

Establécese un sistema retributivo para todo o persoal composto de:

A. Salario base.

B. Complementos salariais.

Artigo 10º.-Antigüidade.

O complemento persoal e antigüidade estará composto por cuadrienios na contía do 5% do salario base.

Artigo 11º.-Plus de transporte.

O plus de transporte figura na táboa de salarios anexa. A este plus aplicaráselle a seguinte táboa de penalizacións en caso de faltas de asistencia ou puntualidade.

a) Por cada dúas faltas de asistencia ó traballo perderase a parte correspondente a tres días de plus.

b) Por cada catro faltas de puntualidade inxustificadas perderase o plus correspondente sete días.

c) Por cada cinco faltas de puntualidade inxustificadas, perderase a totalidade do plus mensual.

d) Cada dúas faltas de puntualidade consideraranse unha de asistencia, tendo en conta que para efectos de penalización deste plus se considerará como falta de asistencia a de puntualidade superior a media hora.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Consitirán en tres mensualidades de salario base máis antigüidade, pagadoiras unha en xullo, outra en decembro e a outra de xaneiro a marzo e por anos vencidos como participación en beneficios.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias pagaranse incrementadas nun 75% sobre o salario que corresponda a cada hora ordinaria, salvo as realizadas en festivos e domingos, que terán como incremento un 100% sobre a hora ordinaria.

Artigo 14º.-Xubilación.

Con dous anos de anticipación á xubilación do persoal ós 65 anos, a empresaa deberá ascender á categoría inmediata superior ó interesado, sempre que o solicite.

Establécese unha axuda á xubilación anticipada dos traballadores afectados polo presente convenio segundo a seguinte escala:

Ós 64 anos unha mensualidade.

Ós 63 anos dúas mensualidades.

Ós 62 anos tres mensualidades.

Ós 61 anos catro mensualidades.

Ós 60 anos cinco mensualidades.

As ditas mensualidades consideraranse a razón de salario base máis antigüidade.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará os traballadores de roupa de traballo adecuada ó tipo de labor e época do ano.

Artigo 16º.-Excedencias.

O traballador con polo menos unha antigüidade de un ano na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O traballador declarado en situación de excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houber ou se produciren na empresa.

Artigo 17º.-Invalidez provisional.

O traballador declarado en situación de invalidez provisional terá dereito á reincoporación ó traballo en canto cese a dita situación. O prazo de reincorporación ó traballo será de dous meses a partir do cesamento en situación de invalidez provisional.

Disposicións transitorias

Primeira.-Establécese como rendemento normal de reparto o seguinte:

Botellas de 12,5 e 11: 75 botellas/día

Botellas de 35 kg: 40 botellas en equipo de dous.

Estes rendementos deberán ser considerados en condicións normais en canto á climatoloxía, estado do vehículo, temporada ou calquera outro motivo non imputable ó traballador.

Segunda.-O presente convenio entrará en vigor a partir do seu asinamento excepto para os efectos económicos que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 1995, co que estes se retrotraerán á dita data.

Terceira.-Incremento salarial.

Para 1995 establécese un incremento do 4,5% sobre o salario base de 1994, quedando conxelado o plus nas contías actuais.

TÁBOA SALARIAL PARA 1995

CATEGORÍA1995PLUS

Encargado xeral85.5385.085
Xefe de contabilidad85.4135.085
Encargado de almacén80.5965.085
Xefe de negociado75.8645.085
Oficial de primeira75.8645.085
Oficial de segunda73.6115.085
Cobrador67.7805.085
Chofer repartidor75.8645.085
Conductor camión pesado75.8645.085
Mecánico visitador75.8645.085
Mecánico instalador75.8645.085
Mozo de reparto69.4015.085
Mozo de almacén69.4015.085
Garda70.2305.085
Aprendiz62.5205.085
Xefe administrativo79.3475.085

CATEGORÍA1995PLUS

Oficial administrativo72.6305.085
Auxiliar administrativo69.4015.085
Telefonista de pedidos69.4015.085
Limpadora17.640

Ourense, 2 de maio de 1995

4858