Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 08 de agosto de 1995 Páx. 6.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/1021/95, interposto por Manuel Palmeiro Díaz.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente correspondente ó recurso nº 1/1021/95, interposto por Manuel Palmeiro Díaz contra a Resolución do 7 de marzo de 1995, deste centro directivo, que desestima a súa solicitude de modificación da puntuación obtida, en fase de concurso, no proceso selectivo convocado para a clase de médicos titulares por Orde do 9 de novembro de 1990 (DOG nº 224, do 14 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

5042