Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 15 de xuño de 1995 pola que se declara de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado pola Asociación de Periodistas y Estudiosos del Camino de Santiago, titulado O Camiño Dos Medios.

O Decreto 245/1994, do 23 de xuño, regula o procedemento para que determinadas actividades e proxectos obteñan a declaración de interese para a promoción do Camiño de Santiago.

A súa disposición derradeira primeira faculta o conselleiro de Cultura para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

En virtude da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado pola Asociación de Periodistas y Estudiosos del Camino de Santiago, titulado O Camiño Dos Medios, por considerar que contribúe á promoción do camiño e que se adapta ó disposto no Decreto 245/1994, do 23 de xuño, segundo a valoración feita pola comisión creada para o efecto pola Orde do 7 de marzo de 1995.

O proxecto queda inscrito no rexistro de actividades e proxectos de interese para a promoción do Camiño de Santiago co nº 007.

Os titulares das actividades ou proxectos declarados farán constar na súa execución que foron declarados de interese pola Consellería de Cultura.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

95-4769