O Decreto 245/1994, do 23 de xuño, regula o procedemento para que determinadas actividades e proxectos obteñan a declaración de interese para a promoción do Camiño de Santiago.
A súa disposición derradeira primeira faculta o conselleiro de Cultura para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.
En virtude da referida autorización,
DISPOÑO:
Artigo único.-Declarar de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado pola
facultade de humanidades da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol), titulado Aulas no Camiño, por considerar que contribúe á promoción do camiño e que se adapta ó disposto no Decreto 245/1994, do 23 de xuño, segundo a valoración feita pola comisión creada para o efecto pola Orde do 7 de marzo de 1995.
O proxecto queda inscrito no Rexistro de Actividades e Proxectos de Interese para a Promoción do Camiño de Santiago co nº 008.
Os titulares das actividades ou proxectos declarados farán constar na súa execución que foron declarados de interese pola Consellería de Cultura.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
Conselleiro de Cultura
95-4859