Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 188/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica de Laracha, con enderezo na rúa Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º (Est. 6), 15005 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-30, de 163 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Fontenla e Pereiro e remate no lugar Igrexario-Erboedo.

-Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0'380-0'220 kV, e rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 390 m de lonxitude. Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 28 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4770