Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.274

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 160/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Ampliación de dous novos módulos de liña a 66 kV denominados Mesón do Vento e Cabana na subestación da Brea, en Carballo, instalando:

-Pórtico de estructura metálica en perfís en L de aceiro, de 8 m de altura.

-Embarrado con cable simplex aluminio-acero, tipo Condor de 402,84 mm

-Interruptor en exafluoruro de xofre a 72,5 kV de tensión nominal e 2.000 A, de accionamento eléctrico.

-Seccionador de liña de 3 columnas por polo, a 72,5 kV e 1.250 A de accionamento eléctrico.

-Seccionador de barras de 3 columnas por polo, a 72,5 kV e 1.250 A de accionamento eléctrico.

-Seccionador pantógrafo a 72,5 kV e 2.500 A.

-Transformadores de tensión e de tensión.

-Equipos de sinalización, mando e protección de instalacións.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 9 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5070