Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.274

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 65/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Proxecto de ampliación en 132 kV na subestación de Megasa (Narón), consistente en:

-Pórtico de estructura metálica sustentador da nova posición de chegada da liña desde Mourela.

-Interruptor tripolar a 132 kV e 2.000 A.

-Seccionador tripolar a 132 kV e 2.000 A.

-Seccionador tripolar a 132 kV e con posta na terra.

-Tres transformadores de intensidade a 150-300/5-5-5 A.

-Tres transformadores de tensión 132/raíz cadrada de 3/110 raíz cadrada de 3 kV.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 9 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4685