Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.274

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 126/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Electra del Jallas, S.A., co enderezo na Praza da Constitución, 17, Cee (A Coruña), para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que seguen:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, con orixe no apoio nº 37 da liña Los Molinos-Allo e remate no C.T. de Riotorto, cunha lonxitude de 1.342 m.

-Liña derivada en apoio nº 2 da anterior sobre apoio formigón e conductor LA-56, de 30 m de lonxitude ata C.T. de Pardiñas. Muxía.

-Dous centros de transformación aéreos, de 100 e 50 kVA en Riotorto e Pardiñas respectivamente con tensións de 20/0,380-0,220 kV.

-Rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.420 m de lonxitude en Riotorto e de 130 m en Pardiñas. Muxía.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 6 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4686