Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 125/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Electra del Jallas, S.A., co enderezo na Praza da Constitución, 17, Cee (A Coruña), para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, tramos I e II de circunvalación a Muros, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor LA-110, de 2.350 m de lonxitude con orixe na liña Cee-Muros, seguida de 62 m de liña subterránea, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x240) mm Al e remate en C.T. Espírito Santo de 160 kVA e tensión de 20/0,220-0,380 kV, con saida de rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 350 m de lonxitude. Muros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 6 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4695