Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 122/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Electra del Jallas, S.A., co enderezo na Praza da Constitución, 17, Cee (A Coruña), para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que seguen:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e conductor LA-56, de 19

m de lonxitude, con orixe en apoio nº 36 da liña Baio-Artón-Zas e remata en C.T. a construír en Andragalla.

-Centro de tranformación aéreo de 20 kVA e tensións de 20/0'380-0'220 kV en Andragalla, con rede de baixa tensión en apoios de formigón e conductor R.Z. de 95 e 50 mm, de 310 m de lonxitude. Zas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 6 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4692