Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/4-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: r/ Severo Ochoa, 2. 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en urbanización A Barcala.

-Situación: A Barcala-Cambre.

-Características: L.M.T. subterránea, a 15/20 kV, de 330 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de Al, de 240 mm, a 12/20 kV que parte da L.M.T. San Marcos Koype, expediente 27742, e remate no C.T. de 1.000 kVA que se vai instalar na urbanización A Barcala. Concello de Cambre.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 2 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4691