Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52406 e dous máis).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que seguen:

Expediente 52406.-Liña aérea de media tensión a 20 kV, en apoios de formigón e conductor LA-56, de 207 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 24 da liña Palmeira-Corrubedo (expediente 51667) e final no C.T. de Teira. Centro de transformación aéreo de 50 kVA en Teira. Rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 95 e 25 mm, de 1.690 m de lonxitude en Teira e Corrubedo. Ribeira.

Expediente 52407.-Liña subterránea de media tensión a 15/25 kV baixo tubo e conductor R.H.V. de 250 m de lonxitude, con orixe no C.T. de Atocha (expediente 51904) e final no centro de transformación de Cima do Lugar (expediente 51784). Arzúa.

Expediente 52409.-Liña aérea de media tensión a 20 kV, en apoios de formigón e metálicos, conductor LA-56, de 1.177 m de lonxitude, con orixe no C.T. Pazo de Galegos (expediente 34164) e final no C.T. de Reboredo. Centro de transformación aéreo de 50 kVA en Reboredo. Rede de baixa tensión en apoios de formigón e conductor R.Z., de 95 e 25 mm, de 350 m de lonxitude no lugar de Reboredo. Frades.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados

establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 25 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4690