Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.271

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001111/1995, interposto por Jesús Rodríguez Rodríguez.

Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001111/1995, interposto por Jesús Rodríguez Rodríguez, contra as bases polas que se rexerá a convocatoria de bolsas predoutorais (1ª e 2ª prórroga e nova adxudicación) recollidas no anexo II da orde da Consellería de Educación e Ordenación Univeritaria do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4-4-1995).

Esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro, reguladora da xurisdicción contencioso-ad

ministrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, remitirlle o correspondente expediente administrativo á devandita sala, o cal se lles notifica a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

4684