Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001110/1995, interposto por Fernando Lino Vázquez González, contra asa bases polas que se rexerá a convocatoria de bolsas para realizar estudios de doutoramento recollidas noanexo I da orde da Consellería de Educación e Ordenación Univeritaria do 20 de marzo de 1995 (DOG 4-4).
Esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, remitirlle o correspondente expediente administrativo á devandita sala, o cal se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1995.
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria
4944