Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 123/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Electra del Jallas, S.A., co enderezo na Praza da Constitución, 17, Cee (A Coruña), para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que seguen:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor RH.V., 12/20 kV, de 3(1x95) mm Al, de 172 m de lonxitude ata edificio Praia de Laxe.

-Centro de transformación en baixo de dito edificio, de 250 kVA e tensións de 20/0'380-0'220 kV. Laxe.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 6 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4693