Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 04 de agosto de 1995 Páx. 6.231

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de xuño de 1995 sobre concesión do título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista a Viajestrada, S.L., co número XG-160 e casa central na rúa San Paio, 5 baixo, da Estrada (Pontevedra).

Visto o expediente instruído por instancia de Jesús García Oliveira, na súa cualidade de representante de Viajestrada, S.L., en solicitude de concesión do oportuno título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.

Resultando que, coa referida solicitude xuntouse a documentación que se indica no artigo 4 e concordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete ás axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título licencia.

Resultando que, tramitado o oportuno expediente, aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.

Considerando que, na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería ten a ben resolver:

Artigo único.-Concédese título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista, co número XG-160, a Viajestrada, S.L., con casa central na r/ San Paio, 5 baixo, da Estrada (Pontevedra), que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ós preceptos do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro

de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

95-05040