Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 04 de agosto de 1995 Páx. 6.231

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

DECRETO 231/1995, do 28 de xullo, polo que se nomea delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense a Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Nomear a Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

5131