Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4263 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subterránea e C.T. para edificio Supermercados Claudio, Avda. Ramón Casanova, en Viveiro, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable de 1x150 mm Al, designación UNE D.H.V. 15/25, de 215 metros de lonxitude. Centro de transformación de 1x400 kVA, 20.000 ± 5% / 398-230 V, para subministración de enerxía eléctrica ó edificio Supermercados Claudio en Avda. Ramón Casanova, en Viveiro.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 30 de maio 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4648