Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Cidade de Viveiro,
Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e C.T. para edificio Luis Grande Ceide-Serra de Outes, 63, Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con cable de 1x150 mm Al, subterránea, designación UNE D.H.V. 15/25, de 140 metros de lonxitude. Centro de transformación de 1x400 kVA, 20.000 ± 5% / 398-230 V, para dar servicio eléctrico ó edificio Luis Méndez Ceide, r/ Serra de Outes, 63, en Lugo.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 30 de maio 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-5294