Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4262 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Cidade de Viveiro, Lugo , en solicitude de autorización para instalar C.T. para edificio de praza de abastos en Ribadeo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de

outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de centros de transformación tipo edificio de 2x630 kVA, 20.000/380-220 V, no baixo do edificio José Luis Méndez Morán, para dar servicio eléctrico ó edificio da praza de abastos en Ribadeo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 30 de maio 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4637