Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.204

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1995 pola que se fai público o acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos do 23 de xuño de 1995, sobre normas de desenvolvemento do plan intersectorial de competitividade (PIC) 1995.

A Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos na súa reunión do vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco adoptou, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, o acordo que figura como anexo da presente resolución.

Coa finalidade de facilita-lo seu coñecemento e aplicación ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1995.

José Antonio Orza Fernández.

Conselleiro de Economía e Facenda.

Acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos do vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco sobre normas de desenvolvemento do plan intersectorial de competitividade (PIC) 1995

-Ratifícase a elección acordada na sesión do 25/02/94 da Comisión Delegada para Asuntos Económicos de agrupacións empresariais beneficiarias do PIC; é dicir:

-Automóbil e industria auxiliar

-Agro-mar-industria

-Minerais non metálicos

-Forestal-taboleiro-moble

-Téxtil-confección

A elección das devanditas agrupacións dentro do Plan Intersectorial de Competitividade, fundaméntase na metodoloxía de «cadeas de valor engadido», «agrupacións empresariais» ou «clusters», aplicándose en función das interrelacións horizontais e verticais que incorporen valor á cadea para a obtención do producto final vinculado ás ditas agrupacións.

-Dentro do anterior epígrafe poderán ser beneficiarios dos incentivos económicos ó abeiro do PIC, os empresarios individuais, sociedades, asociacións e agrupacións de empresarios e entes públicos ou privados que teñan o centro da súa actividade ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia. Tamén poderán cofinanciarse programas de actuacións emprendidas por iniciativa dos sectores económicos, empresas ou da propia Comunidade Autónoma que incidan nunha mellor competitividade comercial.

* Poderanse acoller ó PIC as actuacións que se enmarquen dentro de:

a) Proxectos de modernización empresarial. Ó abeiro deste epígrafe poderán ser incentivables a adquisición, sempre que supoña unha innovación tecnolóxica no proceso productivo da empresa ou do seu sector, de maquinaria e equipos auxiliares destinados á extracción, procesamento, transformación e transporte de materia prima, producto en curso ou producto terminado, considerándose integrantes deles, aqueles investimentos necesarios para a súa posta en funionamento operativo. Os investimentos asociados a proxectos de investigación aplicada e desenvolvemento tecnolóxico (I+D); Normalización, Homologación e mellora da calidade dos procesos e productos; deseño industrial, adaptación e mellora medioambiental, plans de promoción, redimensionamento empresarial, distribución e/ou comercialización de productos. Excepcionalmente, poderán apoiarse economicamente os investimentos asociados a proxectos de traslado empresarial.

Así mesmo, poderán ser incentivables as actuacións propias a desenvolver por iniciativa das consellerías que teñan por obxecto incrementa-lo coñecemento das actividades de carácter empresarial mediante a realización de estudios, desenvolvemento de accións horizontais e formación específica de recursos humanos da empresa.

b) Proxectos de alianzas estratéxicas interempresariais. Dentro desta rúbrica poderán incentivarse:

* O custo dos estudios previos, efectuados por terceiros debidamente cualificados, que delimiten e analicen a viabilidade dos proxectos obxecto de colaboración.

*Os custos de formalización efectiva das fórmulas de colaboración interempresarial, ben sexa a través de agrupacións de interese económico, acordos de especialización productiva, tecnolóxica, acordos de desenvolvemento de canles de distribución e/ou comercialización conxunta, ou calquera outra fórmula de colaboración empresarial, incluso operacións de difusión e absorción de empresas.

*As resultantes do proxecto de colaboración que teñan por obxecto a materialización de investimentos, tanxibles e intanxibles, ós que se refiren os puntos anteriores.

c) Accións de Promoción Comercial

Dentro deste apartado poderanse apoiar actuacións de promoción comercial, tanto as que realice directamente a propia Administración autonómica, como as que leve a cabo en colaboración con outros entes públicos e institucións, asociacións e agrupacións, e

empresas privadas, co obxectivo de contribuír á mellora da competitividade das empresas e productos galegos, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma como nos mercados nacionais e internacionais.

*O procedemento de concesión de axudas e xestión dos fondos correspondentes ós ditos programas poderase levar a cabo mediante convenios de colaboración específicos, contratos programa, resolucións individuais, accións directas e procedementos establecidos de contratación que recollerán, sen detrimento do anteriormente indicado, os condicionantes particulares relativos a actividades incentivables e consideracións específicas de obrigado cumprimento.

Para as actuacións enmarcadas nos subepígrafes -a) «Proxectos de modernización empresarial» e -b) «Proxectos de alianzas estratéxicas interempresariais», o procedemento de xestión de axudas iniciarase ben por instancia de parte, xa sexan empresarios individuais, sociedades, asociacións, agrupacións de empresarios e entes públicos ou privados, logo de presentación de instancia e proxecto de actuacións, ben por iniciativa da Administración competente.

No caso de presentación de solicitudes acollidas a convocatorias específicas de concesión de axudas, en programas concorrentes co PIC, poderán

9505307