Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xuño de 1995 pola que se resolve a convocatoria de proxectos de formación do profesorado en centros docentes.

Por Orde do 6 de febreiro de 1995 (DOG do 24) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou concurso de proxectos de formación do profesorado en centros docentes e de acordo coas propostas formuladas nas actas polas comisións provinciais constituídas segundo o apartado sétimo da dita orde, esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Aproba-los proxectos de formación do profesorado en centros que se relacionan no anexo desta orde coa duración e a contía que se indica.

Segundo.-Segundo o apartado quinto b da orde de convocatoria, poderán solicita-la súa inclusión, ata o 15 de outubro, os profesores que se incorporen ó centro ó comezo do curso.

Terceiro.-A xestión económica, tal e como indica o apartado décimo segundo da orde de convocatoria, será realizada polos centros de formación continuada

do profesorado (CEFOCOPs), con cargo ó orzamento do Plan Provincial de Formación.

Cuarto.-A remisión da memoria final á que se refire o artigo 14 da citada Orde do 6 de febreiro será antes do 21 de xuño de 1996.

Quinto.-A presente resolución esgota a vía administrativa, de conformidade co artigo 109 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

4487