Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria do día 11 de maio de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar con carácter inicial o estudio de detalle da unidade de actuación nº 1 definida no PXOU, presentado pola sociedade Álvarez Conchado S.A. e redactado polos arquitectos José González-Cebrián Tello e Julia Fernández de Caleya, sendo a súa finalidade establece-las aliñacións e ordena-los volumes da unidade de acordo co disposto no PXOU.

Durante un prazo de 15 días, contado desde a publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado o expediente e formularse as alegacións que se estimen pertinentes.

Culleredo, 29 de maio de 1995.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde de Culleredo

4871