Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria do día 11 de maio de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle presentado pola sociedade Jaye, S.A. e redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, que ten por obxecto a ordenación conxunta do volume de dúas parcelas situadas en Avda. de Vilaboa, Rutis, neste termo, que ocupan a fronte da N-550 nunha lonxitude de 57,60 m, entre a zona de servidume de protección de infraestructuras e o edificio Carbón.

Durante un prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado o expediente e formulárselle as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 29 de maio de 1995.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

4759